Skip to content

Orixe


A segunda etapa do Camiño de Santiago Francés ó seu paso por Galicia, parte de Triacastela. O seu nome podería provir de “Tres castros”: Triacastela, Lagares e San Adrián, aínda que tamén podería deberse ós tres castelos que se di había na zona e dos que hoxe non se conservan nada. Rodeada de vales e veigas, este Concello está composto de oito parroquias, cos seus correspondentes núcleos poboacionais e aldeas.

Xa con Alfonso IX a localidade mostra a súa importancia ao serlle concedidas diversas dispensas consolidándose como núcleo importante do Camiño de Santiago, mencionándose mesmo no Codice Calixtino. Fernando III o Santo reuniu en Triacastela aos concellos de Galicia e tamén se ten constancia da visita dos Reis Católicos e de Felipe II a tan importante vila.

A orixe de Triacastela está ligado indiscutiblemente ao Camiño de Santiago. O tres vías principais interconéctanse entre si a través de rúas estreitas coñecidas como vielas.

Alfonso IX fundou a vila de Triacastela en 1228, emprazada nun lugar estratéxico, ao final da undécima etapa do Camiño, así mencionada no Códice Calixtino. Este Códice Calixtino vén ser unha «guía do Camiño de Santiago», pero pola vella. Non podemos esquecer que estamos a falar de algo que se escribiu no século XII e que constitúe o códice medieval máis soado da peregrinación xacobea.

Que ver en Triacastela


Máis aló da rúa principal que podería ser de calquera sitio carente de personalidade, Triacastela garda algúns segredos interesantes e supón un alivio para moitos peregrinos que empezan a descender tras superar as maiores cotas do Camiño Francés na zona do Cebreiro.

O castiñeiro centenario de Ramil


Xusto antes de chegar a Triacasela, atoparedes a pedanía de Ramil. Alí saúda aos peregrinos un gran castiñeiro de máis de oitocentos anos.

Igrexa de Santiago de Triacastela e o mosaico


Esta igrexa fusiona unha parte de estilo barroco claramente reconocible (do século XVIII) cunha ábsida de estilo románico. Atópase nun lugar distinto do que ocupaba a chamada Igrexa Vella. É das poucas igrexas do tramo do Camiño de Santiago en Galicia que están dedicadas ao Apóstolo Santiago.

Camiño Suavila

Este camiño é en realidade un paseo fluvial á orilla do Río Oribio, entre casas baixas e hortas que son un remanso de paz.

A Casa da Ponte

Antigua ferrería da localidade. Atópase ó lado da estrada, seguindo o camiño por San Xil.

O Palomar

Seguindo o Camiño Suavila, o palomar é outro dos puntos de interese que ver en Triacastela. É unha das construccións más características da vila, con planta circular e unha cuberta cónica de pizarra.

Antiguo hospital de peregrinos

Ainda na actualidade o edificio funciona como vivenda, é outro dos iconos de Triacastela, onde os peregrinos con problemas de saude eran atendidos antigamente.

 O Monumento ó Peregrino: atópase ó lado do albergue público e despide ó peregrino a sua saída da Vila.

× Contact